Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Prende no colo

22mar12:00Prende no coloContos e cantos para bebés con Luis Prego e Samuel Soto

Detalles do Evento

Contos e cantos para bebés con Luis Prego e Samuel Soto

Aprenderemos cancións de berce para arrolar, ademais de xogos e cancións infantís para aprender as partes do corpo, xogos de descuberta e recitados sinxelos. Un recurso esencial para axudar ás familias a transmitir as nosas tradicións e a nosa lingua.

De 1 a 4 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

As prazas reservadas anticipadamente gardaranse ata 5 minutos antes do comezo de cada actividade. No caso de non estar presente nese momento, darase paso ás persoas en listaxe de agarda perdendo a praza reservada con anterioridade.

Hora

22 marzo, 2026 12:00(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

EVENTO COMPLETO!