Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Shawarma "Ao noso xeito"

15mar17:00Shawarma "Ao noso xeito"Obradoiro de cociña con Reviravolta

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta

O Shawarma (en árabe), ou döner kebab (en turco) é un prato orixinario do Medio Oriente que se consome como un bocadillo en pan de pita recheo por exemplo de pavo, xunto con vexetais como a cebola, perexil, tomate e salsas como tahina, iogur… Calquera opción nos parece igual de boa e non hai padal que se resista a este suculento bocado! 

De 4 a 10 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para este obradoiro activaranse o 4 de marzo ás 17.00 h

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

Se a demanda de prazas supera as dispoñibles farase un sorteo entre as persoas presentes antes do comezo do obradoiro. Para o sorteo repartiranse os números 10 minutos antes da hora na que estea programado o inicio da actividade.

Hora

15 marzo, 2026 17:00(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!