Un hummus moi especial
22mar17:00Un hummus moi especialObradoiro de cociña con Reviravolta
Detalles do Evento
Obradoiro de cociña con Reviravolta É unha das receitas árabes máis coñecidas ao redor do mundo. É ideal para petiscar ou para
Detalles do Evento
Obradoiro de cociña con Reviravolta
É unha das receitas árabes máis coñecidas ao redor do mundo. É ideal para petiscar ou para acompañar ensaladas e verduras. Hai numerosas versións, con lentellas, de remolacha ou pesto, entre outros, pero a receita tradicional e orixinal de hummus con garavanzos resulta insuperable e por iso é a nosa favorita. Queredes probala? Pois esta é a vosa!
De 4 a 10 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para este obradoiro activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
Se a demanda de prazas supera as dispoñibles farase un sorteo entre as persoas presentes antes do comezo do obradoiro. Para o sorteo repartiranse os números 10 minutos antes da hora na que estea programado o inicio da actividade.