Un lugar posible
07mar11:30Un lugar posibleChené Gómez. Creart
Detalles do Evento
Chené Gómez. Creart Este obradoiro invita aos participantes a explorar a arte a través da construción colectiva, creando estruturas tridimensionais de papel
Detalles do Evento
Chené Gómez. Creart
Este obradoiro invita aos participantes a explorar a arte a través da construción colectiva, creando estruturas tridimensionais de papel e reflexionando sobre a construción da paz. As estruturas converteranse en parte dun “lugar posible”, un espazo conceptual no que proxectar emocións, ideas e desexos. O obxectivo é ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de verse a si mesmos como construtores e construtoras de paz.
A partir de 5 anos
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
As prazas reservadas anticipadamente gardaranse ata 5 minutos antes do comezo de cada actividade. No caso de non estar presente nese momento, darase paso ás persoas en listaxe de agarda perdendo a praza reservada con anterioridade.
Hora
Localización
Espazo Palestina. Sala de exposicións do Pazo da Cultura