Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Un lugar posible

08mar11:30Un lugar posibleChené Gómez. Creart

Detalles do Evento

Chené Gómez. Creart

Este obradoiro invita aos participantes a explorar a arte a través da construción colectiva, creando estruturas tridimensionais de papel e reflexionando sobre a construción da paz. As estruturas converteranse en parte dun “lugar posible”, un espazo conceptual no que proxectar emocións, ideas e desexos. O obxectivo é ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de verse a si mesmos como construtores e construtoras de paz.

A partir de 5 anos

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

As prazas reservadas anticipadamente gardaranse ata 5 minutos antes do comezo de cada actividade. No caso de non estar presente nese momento, darase paso ás persoas en listaxe de agarda perdendo a praza reservada con anterioridade.

Hora

8 marzo, 2026 11:30(GMT+00:00)

Localización

Espazo Palestina. Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!