Trouxemos alguén moi especial a pasar a xornada de hoxe no Salón, para festexar o #DíadaAuga. Anxo Moure, máis coñecido como Carballo con botas, pescou contos para a cativada dos centros escolares na súa gamela e falou dos xacios e xacias, as mulleres peixe que viven no río Miño. Igual que na auga viven os contos porque “cada vez que o río bate contra as pedras, conta historias”. Tamén Raquel Queizás estivo esta mañá falando á rapazada dos centros escolares sobre Alice Guy e o cinema.
A tarde comezou ben divertida: primeiro a equipa de monis contou un conto de piratas e logo debuxamos, pintamos e recortamos un peixe e coa axuda duns abanos de papel, fixemos unha carreira!! Que importante é a agua para a vida e para o xogo. Lembrade non malgastala!
A sesión para público familiar de Anxo Moure, contou camén co seu fillo Brais facendo acompañamento musical. Ao remate da contada, o Carballo con Botas levou a cabo un obradoiro ben xeitoso xunto ao monitorado ‘Arte con botas’ no que os nenos e nenas interviron artisticamente obxectos como botas vellas, botellas e recipientes variados que recubriron de lá como se fosen obras do landart. En cada bota prantaron un acivro e levárono logo para casa.
Tamén gozamos co faladoiro creativo para píblico adulto ‘Contar se Palabras’ de Gálix e o Ateneo de Pontevedra, pero diso, xa vos contamos noutra entrada 🙂