A rapazada do CEIP Vilaverde, Marcón e Xunqueira II amosaron esta mañá as súas dotes musicais nos encontros de contos e cantos con Marcelo Dobode e Bea Campos. Aprendemos una chea de tradición oral e instrumentos propios do noso folclore e percorremos un lote de álbums ben bonitos que xa apuntamos para a nosa biblioteca.
E co Mago Paco coñecemos moitos trucos máxicos xunto á rapazada dos Sauces, os CEIPs Vilaverde Mourente, Praza de Barcelos, Santo André de Xeve, Álvarez Limeses, Marcón e o CEP Marcos da Portela.
As mañás cos coles son sempre unha festa, desde a chegada o recibimento de Orbil, cheo de apertas e berros, ata o final da mañá cando, guiados polo monitorado, percorren o Salón escoitando historias e descubrindo recunchos cheos de maxia e… moita música!
Xa pola tarde co Mago Paco descubrimos o que é a fototrasportación, un ovo de plástico que troca nun de verdade, un cadeliño de globo que estoupa e reaparece nunha bolsa de papel. Sorpresas, risas e ata premios. Troski, Sultán, Roque, Duque e Max marcharon para casa cos seus novos donos e donas. Menos mal que son de globo e non comen moito.
Pola tarde tamén recibimos a visita de SES, que veu presentar nun faladoiro o seu novo traballo, un libro disco titulado “Nadando na incerteza”.
Como na na fin de semana imos celebrar o Orbil Fest, estivemos preparando coas monitoras as pulseiras para entrar. A ver, que a entrada é libre …pero molan moito as pulseiras que levan os maiores aos festis, cheas de cores. E nós queriamos iguais. Tamén fixemos unnha visita guiada pola sala e aproveitamos para deixar as nosas mensaxes de paz no recuncho de Palestina. Outra tarde ben bonita no Salón. Mañá máis e mellor! Que non pare a música!














