O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Outra arte é posible. Faladoiro co Espazo Brétema

O Salón tamén é un espazo para o debate e a reflexión, e para amosar proxectos tan necesarios e interesantes como Espazo Brétema, unha inciativa destinada a visibilizar arte galega e en galego, un punto de encontro para creadores e creadoras, porque outra forma de entender a arte é posible, con perspectiva de país e de xénero, para encher os ocos que na arte institucional quedan aínda por ofrecer novas miradas.

O Espazo Brétema está formado por cinco mulleres. Coincidencia? Non o cremos! Visitade a súa web (Espazo Brétema) e seguide as redes sociais deste proxecto tan necesario e cheo de enerxía, ilusión e profesionalidade formado por Sandra Capelo, Marina Loureiro, Jennifer Novoa, Aroa Outón e Tania Dorribo.

Un faladoiro inspirador e creativo a máis non poder!

Compartir esta entrada