A BARCA DOS SORRISOS (O SALÓN ENRIBA DUNHA ÁRBORE) POR BRAIS E ANXO MOURE

Hoxe celebramos o Día das Árbores e non se nos ocorreu ninguén mellor que Anxo Moure para celebrar, desde casa, esta data. Aínda que neste tempo raro moitos e moitas só podamos ver as árbores pola fiestra ou nos contos, recibimos a enerxía, a forza da terra, das follas, do aire que Anxo nos manda desde o seu fogar. A sesión empeza na casa de Brais, o seu fillo, que participou no Salón como neno e que xa desde o ano pasado nos agasalla cos seus contos e a súa música. Queredes rubir a unha árbore e escoitar contos desde ela? Pois veña, a que agardades? Subide!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #DíaDasÁrbores