Hoxe, desde a casa, celebramos o Día Internacional do Circo. Aínda que breve, a edición presencial deste ano deixounos momentos circenses inesquecibles. Nestes intres difíciles cómpre lembrarnos que o Circo é sinónimo de liberdade, de humor, de alegría, de maxia. Canto non teremos gozado das piruetas, equilibros, saltos, reviravoltas… desafiando o ar, música que nos transporta a outros mundos posibles, risas que nos fan esquecer a tristeza. O circo, coma os contos, non ten idade, podémolos gozar en calquera momento da vida, sempre e cando manteñamos a ollada e a ilusión da crianza que levamos dentro. Cun cariño inmenso ás persoas que traballan nas artes circenses, só nos queda agradecer todo o que nos aportades e agardar, con impaciencia, que chegue o momento de poder mergullarnos de novo no voso universo, que tamén é o noso.

E mentres quedamos na casa, tamén podemos escoitar o redobre de tambor, o “máis difícil aínda” e construírmos un pequeno circo co que ir matando as saudades. Deixamos os enlaces para darvos unha axudiña:

https://bit.ly/2KhYTct
https://bit.ly/3eH8ms2
https://bit.ly/2KjuSsI

#NonCancelamos #DíaMundialDoCirco
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

PistaCatro Produtora Marcelo DoBode Soledad Felloza N E E Barros Fernández