Charo Pita: Abrazar con Palabras. Obradoiro de Lectura en Voz Alta

Hai moitas maneiras de abrazar, co corpo, coa ollada e tamén coas palabras. Así nolo amosa Charo Pita, nesta primeira sesión virtual da Escola de Lectura para Familias Curiosas. Os papás e mamás, tías, avoas e demais familia tamén teñen dereito ao seu oco no Salón Virtual. Con esta iniciativa buscamos dar recursos, ideas, propostas para facer do libro e a lectura un lugar de encontro, de lecer, de xogo, de emoción e tamén de reflexión! Grazas Charo por esta interesantísima primeira achega!
#NonCancelamos