MALABARES NA CASA

Como sabedes, no Salón este ano tiñamos instalado un circo 🎪 dos de verdade! Non nos deu moito tempo a sacarlle o partido que quixaramos pero, como quedamos coas ganas, o noso monitorado estivo a argallar como construírdes bólas de malabares na vosa casa. A ver que tal se vos da… Se dades feito (ou se non dades) podedes escribirnos e mandarnos fotos ou vídeos para que poidamos compartir na web e nas nosas redes (salondolibro@pontevedra.gal). Ánimo, malabaristas!🤹‍♂️
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa