Sabedes que día é hoxe? Para algúns e algunhas, o día do Pai, efectivamente (se non celebrades esta efeméride, non pasa nada, vale igual a proposta, calquera escusa é boa para dar un agasallo a quen queremos). Vai ser un día distinto ao do resto dos anos, a que si?, pechad@s na casa… Mais, precisamente, imos sacarlle partido a esta circunstancia e prepararlle un Orbil 3D de agasallo ao noso papá (ou aos nosos papás ou á nosa mamá ou mamás, avós, avoas, tíos, tías… para calquera da familia, para o can, o gato ou para nós, que tamén o merecemos, que nos estamos portando xenial). Atent@s ás explicacións do noso monitorado, é moito más fácil do que parece! Temos, tamén, outro vídeo no que podemos ver a montaxe en directo. Non nos falta detalle! E por se a precisades, tamén temos o modelo para descargar, podedes facelo no web: salondolibro.com/salon-virtual Encantaríanos ver os resultados dos vosos Orbil 3D, podedes facerlles unha foto e mandalos a: salondolibro.gal e subibos as vosas obras de arte ás nosas redes sociais. Bulide!

 

E velaquí o “making off”: así o fixemos: