Para finalizar tan poética xornada tivemos un encontro na Libraría Paz coa nosa escritora homenaxeada, Marica Campo, que antes estivera coñecendo o Salón e sorprendera a varios/as visitantes coa súa presenza. Foi unha conversa ben inspiradora, guiada por Tamara Andrés, na que puidemos achegarnos á infancia, aos referentes, aos mundos vividos e soñados por Marica, aos proxectos presentes e futuros. Un serán cheo de humor, amor e poesía. Poderemos saber máis da nosa autora o sábado 26, o día da homenaxe. Estades tod@s convidad@s!