Hoxe tivemos unha xornada ben bonita no Salón porque festexamos o día da Poesía desde ben cedo. O alumnado dos centros escolares puido gozar na maña da contada dos amigos de Polo Correo do Vento sobre o poeta galego Federico García Lorca. Xa, pensabades que era andaluz, mais tamén era galego poque así o manifestou el mesmo. Namorado de Galicia, da súa lingua, da súa poesía e como non, de Rosalía de Castro a quen adicou un dos seus poemas. A rapazada de últimos cursos de primaria traballou man a man con Tamara Andrés nun obradoiro de poesía ‘Palabras que pintan’ na que deseñaron un diccionario poético e visual para o Salón. Tamén estiveron contando Migallas e Bea Campos e Anxo Fariña aprendeu á cativada a facer banda deseñada e crear personaxes extraterrestres.
Na tarde, Polo Correo achegou a historia do poeta Lorca e o seu amor por Galiza ao público familiar – e ás amigas da asociación Amarinda de Mourente – e o mesmo sucedeu con Tamara e o seu diccionario poético, destinado desta volta á cativada en xeral. O monitorado tiña preparados un par de actividades ben xeitosas destinadas a achegar a poesía neste día tan especial, que tamén chegaron a Marcón na nosa Rodalibros.
Rematamos a xornada co encontro Poético para público adulto, Teñamos a poesía en Paz, con Marica Campo, pero diso xa vos falamos noutro post 🙂