Levabamos meses -ou mellor dito, anos – agardando por este momento: encher o Salón de nenos e nenas ilusionados/as por ver e abrazar a Orbil por descubrir os segredos que agocha cada espazo, toooooodos os libros que chegan novos cada ano, atopar un recuncho especial onde ler un conto…
Rematou a espera e á fin hoxe Orbil abriu a porta, aínda que a chave estaba de mans do Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores porque que a nosa mascota é algo despistada. Foi un momento moi emocionante e a emoción foi a máis ao ver as caras da cativada gozando do que con tanta ilusión e esforzo preparamos. Agora, a chave do Salón e o Salón son vosos!
Vide visitarnos ata o domingo 27 de luns a xoves de 17 a 20h, os venres de 17 a 20.30 e sábados e domingos de 11 a 14 e de 17 a 20:30!