O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado 12- xornada matinal

A primeira mañá no Salón foi un fervedoiro de actividades para todos os gustos. Da man de Cora Velasco e Bea Mazaira aprendemos unha canción e comezamos a gravar videoclip no obradoiro CantaArte! Descubrimos o mundo do videoxogo nunha visita especial da man dos amigos do Museo do Videoxogo de Cangas e estivemos ‘Artellando con videoxogos’. Coñecemos á bibliotecaria Candelaria – que era algo estrafalaria – e tódolos seus contos da man da Cris de Caldas e Xabi do Camiño e afondamos no mundo da arte, que diso vai o Salón deste ano, na Factoría de Creación da man da Asociación Paspallás.

Compartir esta entrada