A nosa cidade

Como sería a vosa cidade ideal? Tería coches? Estaría che de flores e árbores? Habería praias? Diso foi o obradoiro que impartiu esta tarde no Salón a ilustradora Susana Suniaga. Apoiándose no seu libro “A miña cidade” onde imaxinou unha Pontevedra chea de cores e de zonas de xogo infantís, a autora animou á cativada a imaxinar a súa propia vila e aos seus habitantes. Non faltaron os porquiños voadores nin os peixes con pernas, as cidades da nosa cativada sonche ben raras, pero sobre todo moi divertidas.