O conto máis escoitado

Moito nos gusta encher o noso Salón, por iso esta tarde quedamos abraiados ao ver a nosa sala Reviravolta chea ata a bandeira para escoitar os contos nasa benquerida contadora Raquel Queizás. Non cabía un alfinete, había preto de cen persoas, todos ollando pasmados cara a nosa contacontos sen perder un detalle das súas historias. E o mellor de todo e que cando menos o agardábamos, como dicía a súa avoa, Raquel dáballe a volta ao conto e ninguén podía imaxinar o final da historia.