Cría fama e bótate a correr

Lucía Aldao e María Lado presentaron esta noite no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra o seu espectáculo poético musical no que reflexionan sobre as virtudes e as baixezas da fama nunha obra onde se reinventan a si mesmas a través da unión da poesía, a música en directo e o humor. Unha combinación máxica!