Contos a esgalla

Que ben contamos os contos no Salón, é unha ledicia ver o enfeitizada que queda a rapazada ollando aos nosos contadores. Hoxe foi a quenda do alumnado dos Sauces e da Reigosa, ademais dunha visita que nos fixo moita ilusión: a do colexio Bata, adicado á Educación Especial. Quedamos abraiados coas historias de monstros de Pavís Pavós, dos paxariños que nos visitan cada primavera de Celso Fernández, das obras do Renacemento de Migallas Teatro ou os relatos sobre inclusión de Queliña.