Obradoiros cheos de cor

Moito goza a cativada dos coles que nos visitan cos obradoiros que facemos cada mañá no Salón. Desta vez as nenas e nenos dos Sauces, da Reigosa e do Marcos da Portela aprenderon a facer diferentes figuras de papel e a darlle colorido da man de Anxo Fariña, descubriron como traballa unha impresora 3D e mesmo escribiron os seus propios textos en tres dimensións cun lapis especial segundo as explicacións dos monitores de Ceo Aberto. Tamén tiveron que expresar os seus sentimentos debuxando e coloreando uns zapatos seguindo as instrucións de Marcos Viso e noutra sala, a cativada tivo que resolver os acertixos propostos por Tegra para atopar a chave e conseguir abrir a porta da aula.