¿Existen os zapatos malvados?

Na imaxinación das nenas e nenos hai cabida para todo. E por suposto que para un zapato malvado tamén. Esa foi a ocorrencia dun cativo que participou esta tarde no obradoiro de Marcos Viso, no que animou á rapazada a plasmar nun papel calquera cousa: un sentimento, unha idea ou algo que viviran ao longo do día. So había unha condición: que a silueta ou a forma dun zapato sexa a protagonista de ilustración.

«Será vermello, con ollos, dentes e orellas», anunciou o pequeno Iago como ía ser o aspecto do seu zapato malvado. Mais cada participante era libre de pintar o que lles pasase pola mente, como por exemplo, o pé dun xigante esmagando edificios. Moi ben o pasaron todos e todas e canto riron!