O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Comeza O Salón!

A maxia encheu o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para inaugurar a 25 edición de #OSalón. E de que maneira!

Co espectáculo “25 anos de maxia: o faiado dos contos que foron ou poderían ser” adentrámonos nun espazo máxico e cheo de sorpresas, onde viven todas e cada unha das historias e personaxes destes vinte e cinco anos de Salón do Libro.

Rimos, cantamos e gozamos, nun espectáculo fermosísimo dirixido por Manuel Albariñas coa participación da Escola de Danza Ballet de Galicia, o Coro do IES A Xunqueira I, a Escola Superior de Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA) ( co traballo da Alumna Natalia Rama López), Magia en la Manga, Su Garrido Pombo, Alicia Molina, Adela Bértolo, Iván Dávila, Xandre Sierra e Olivia Bern.

Agora si, empeza o Salón da maxia!🪄

No XXV Salón da maxia, quedou clarísimo que a MAXIA do Salón con maiúsculas é posible grazas ás persoas: as mestras e mestres, contacontos, autorxs, escritorxs, ilustadorxs, técnicxs, directorxs, músicxs, escenógrafxs etc e ao persoal do concello que traballou e ou traballa neste proxecto. E aos libros, que como destacou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, na inauguración: “son fiestras abertas a outros mundos, outras culturas, camiños de ida e volta cos que coñecernos e recoñecernos”. Grazas a todas as persoas que pasaron por este proxecto que hoxe festexou os seus 25 anos por todo o alto.

E grazas en especial polo espectáculo máxico e fantástico co que comezamos esta edición.

Compartir esta entrada