O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 13 – xornada matinal

Comezamos a mañá do domingo cos amigos de Polo correo do vento, hoxe acompañados na parte musical por Antón Ke! Contáronos a historia da gran Maruja Mallo, a pintora surrealista. ARTISTA con maiúsculas. A nosa! Na divertidísima sesión de contos faláronnos dunha das súas obras máis singulares: “A sorpresa do trigo” (que tivemos representada na nosa ambientación), da súa figura e legado artístico. Entre historia e historia Antón Ke cantou uns temas fermosísimos e rematamos a sesión pintando todxs xuntxs un retrato da artista.

Hoxe descubrimos tamén o que é un FanZine. Aprendémolo grazas aos amigos de El Galpon Lab e marchamos para casa coa nosa revista autoeditada e colaborativa! Porque, ademais dos nosos debuxos de xoaniñas, bolboretas, canciños… levaba debuxos cos compis!

Cada día o Salón é unha festa, e neste primeiro domingo de Salón foi festa dobre porque celebramos os 30 anos de Migallas Teatro cun gran concerto. O Auditorio estaba ateigado de familias e puidemos cantar a coro, bailar co cu e cos brazos, facer coreografías, bater palmas… “Pan de millo” “Imaxínate”, “Abuela Manuela”, “Perico Pérez”…foron algunhas das pezas que gozamos nesta xolda chea de ritmo e de emoción. No escenario, acompañando a María Campos e a Carlos Yus, estiveron os músicos Xaquín e Anxo Xesteira, de Treixadura, Borja García e Isi Baúlo. Vaia arte musical, con bises e visita de Orbil e todo!

Domingo 13 de marzo (xornada matinal)

Compartir esta entrada