O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 17 pola mañá

Comezamos a mañá xogando a crear ilusións ópticas. Foi no taller de Pavís Pavós, Tatatachán! Deseñamos e creamos o noso propio thaumatropo. Sabedes o que é?

Pois é un xoguete óptico moi popular no século XIX que consta dun disco de cartón cunha imaxe a cada lado unido a dous anacos de corda. Cando as cordas se retorcen rapidamente entre os dedos, as imaxes dos dous lados parecen combinarse nunha soa, nunha marabilla de ilusión óptica.

Logo escoitamos uns contos para completar a sesión. Pasámolo xenial!

Acompañando ao Mago Paco veu esta domingo ao Salón un pequeno mamut chamado Mamuti, un animaliño que vive nunha illa, coas súas palmeiras, os seus cocos e as ondas do mar regando a praia.

Mamuti é moi peculiar porque sabe voar. Pois xunto ao mago Paco puidemos comprobalo en directo. Unha marabilla!

Hoxe celebramos o Día Internacional do Cómic cunha autora de BD de Pontevedra que xa nos acompañou nas actividades escolares, Paula Cheshire. É, coma nos, unha amante dos gatos e das bruxas e con ela fixemos un obradoiro de ilustración, a partir do seu libro “Meigatas” onde deseñamos uns personaxes fantasticamente máxicos para, quen sabe, futuras historias que se nos ocorran.

Credes que se pode hipnotizar a un grupo grande de persoas? Pois iso mesmo foi o que vivimos esta mañá cos amigos de Magia en la Manga. Foi unha auténtica sesión de hipnose e ilusionismo colectivo! Ademais, acompañounos o corvo Boris, todo un experto en facer “desaparecer” obxectos brillantes maxicamente. Trucaxes, moito humor e ilusións máxicas que nos fixeron pasar un momento realmente divertido.

Compartir esta entrada