O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 17 pola tarde. Remata o Salón.

Esta tarde os nosos amigos Alba Rozas e José Manuel Dopazo de Boadicea Editora achegáronnos a historia de Simón, un androide que ten a súa casa en Plutón e quere coñecer outras galaxias para ir de vacacións… E foron esas galaxias as que tivemos que debuxar para que Simón puidese coñecer outros mundos. Que ben o pasamos!

Hoxe no obradoiro de cociña preparamos panellets, uns pequenos pasteis da tradición culinaria catalá ao que lle demos un toque especial e máxico. Mentres estaban no forno, as nosas amigas de Reviravolta contáronnos un conto precioso, foi xenial!

Poñémos fin así a estas merendas de contiños e cociña que tanto vos e nos prestan, todas elas co aforo completo.

Sabemos que o número de prazas nestes talleres é pequeno, pero é unha maneira de manter a magnífica calidade de todos e cada un deles. Moitas grazas a todos e todas pola grandísima acollida, en especial a Reviravolta polas fantásticas receitas que nos aprenderon estes días.

Estamos certas que deste Salón sairán vocacións máxicas. Pero para ser magos e magas cómpre ter “poderes” e prepararse, claro. Por iso, esta tarde e a modo de despedida desta máxica edición, celebramos un obradoiro para aprender as trucos básicos 🪄e iniciarnos neste fantástico mundo do ilusionismo e a maxia. Foi da man dos amigos de Magia en la Manga. Foi un obradoiro xeitoso e moi divertido!

E pechamos a ediciñon deste ano co espectáculo Rockus Pocus, un concertazo do alumnado do Rock Lab xunto á sección infantil da Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Foi unha maneira fermosísima de despedirnos ata o ano que vén.

Compartir esta entrada