Nesta xornada celebramos o Día da Narración Oral e no Salón foi ben especial.
Ao longo da mañá tivemos un divertido roteiro de historias repartido en catro espazos do Pazo da Cultura. En cada un deles agardábannos os nosos amigos e amigas Pavís Pavós, Raquel Queizás, Beatriz Campos e Polo correo do vento para contarnos un conto. Catro espazos do Salón, catro sesións por espazo e catro historias ao longo da mañá para celebrar esta xornada tan bonita. Foi xenial!
Aproveitamos tamén esta mañá de domingo para saír exlorar a arte da cidade. Fixémolo con Taller Abierto nun obradoiro familiar, grazas ao que coñecemos a historia e a expresión plástica na nosa cidade e a contorna de xeito lúdico. Afondamos na arquitectura e comprendemos que a mestría das edificacións contribúen á beleza dos lugares onde vivimos. Que bonita é #Pontevedra!
Non foi a única saída da mañá xa que tamén esta fin de semana “Pintamos a Cidade” grazas aos amigos e amigas de @espaciomatrioska.
A cativada intervíu artisticamente espazos da cidade, deixando a súa particular pegada artística. Quen sabe… quizais, a través delas, as persoas do futuro poidan entender como somos!