O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 23 de abril, Día do Libro – pola mañá

Esta mañá aprendemos a facer un libro, si si, un libro! Foi grazas á imprenta móbil Aloulette Machine quen nos aprenderon os elementos que compoñen unha imprenta, como se usan, que papeis hai e cales son as tintas máis chulas do mundo para “imprimir como antes”.

Probamos e o resultado foi espectacular!

A ilustradora Aida Alonso :: Ilustración que foi a encargada de deseñar o cartaz na XXII edición ‘Emerxenxia literaria’ estivo hoxe de novo no Salón. No seu obradoiro de “Libro acordeón”, logo de crear personaxes con cartolina, a partir de figuras xeométricas, construímos a súa casiña: un libro pop up cheo de recunchos ideais para contar as nosas historias.

Sabiamos que a cativada do Salón ten grandes cualidades, mais hoxe comprobamos que tamén son fantásticxs bailadorxs! Menudo ritmazo o concerto de @pakolas coa súa Ramona que, desta volta, foi á Lúa. Rock do país e moita marcha para unha mañá de domingo que vivimos con intensidade.

Máis de 7.000 libros pasaron hoxe pola troca. Como nos gusta darlle unha segunda vida a esas lecturas que nos emocionaron, que nos divertiron, que nos fixeron coñecer novos mundos! Grazas aos dezaseis centros que participaron e ao @iestorrenteballester pola organizacion!

A poesía é dos nosos xogos favoritos, por iso convidamos a Elvira Ribeiro que é veciña e é poeta, e escribiu un libro fantástico que se chama “Lagarta, lagarta” e que o ilustrou Sofia Venzel. E coas palabras e as imaxes pasamos unha mañá do día do libro do máis inspiradora!

Ademais, tivemos dobre sesión (mañá e tarde) co convidado colombiano Diego Alejandro Ruiz. Descubrimos unha morea de contos colombianos como ‘A leer’ de Amalia Satizabal e ‘Tito e Pepita’ de Amalia Low e outros de literatura infantil latina. Pasámolo pipa cantando cantigas como ‘Chumba la Cachumba’: 🎶Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba. Chumba la cachumba la cachum-bam-bá.

“Cuando el reloj marca las dos, los esqueletos cantan a una voz. Cuando el reloj marca las tres, los esqueletos mueven los pies. Chumba la cachumba la cachum-bam-bá”

Compartir esta entrada