O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 23 de abril, Día do Libro – pola tarde

“Imos comezar polo principio.
Antes había a nada,
despois chegou o vento,
e co vento, o movemento”.

Así comezaban as amigas Rilo&Penadique a súa sesión de contos-obradoiro para bebés “Derriba da lúa”, unha fermosísima proposta que mistura a tradición oral coa música. Neste Día do Libro gozamos de 3 funcións no Salón.

As súas historias, protagonizadas por todo tipo de bichería e personaxes singulares, cautivaron tanto ás persoas grandes como a cativada miúda (a máis esixente do mundo) que as acolleu con ledicia. Unha marabilla!

Se vos dicimos doce de leite e coco? Que pode saír mal? Mesturando eses ingredientes con galletas de soda e copos de avea fixemos unhas Chancacas colombianas para chupar os dedos. Que cousas máis saborosas explican sempre as amigas de ReviraVolta! E de sobremesa escoitamos uns contiños!

Cantamos, corremos, berramos, rimos… e todo isto mentres contabamos contos con gran Paula Carballeira porque os contos coma os xogos, son máis divertidos se son compartidos!!

Acabamos a tarde deste primeiro domingo con moito ritmo, grazas a Gramola Gominola, que trouxeron ao Salón os seus grandes éxitos! Cantamos, desafinamos (só un poquiño,😅) e bailamos moitísimo nun concertazo para menear o corpo e deixar voar a imaxinación.

🎶Mentres que o monstro cante, tira para adiante!🎶

Compartir esta entrada