“Os tres porquiños”é unha das primeiras historias que escoitamos de cativxs e unha das primeiras lecturas dos e das nenas que comezan a ler.
Esta mañá no Salón gozamos dunha versión moi, pero que moi especial deste conto, grazas aos nosxs amigxs Bea Campos e Manuel Pombal. Contáronolo con música en directo, cantigas e monicreques!
Xa tiñamos gana de facer cinema de animación de novo no Salón. Hoxe tocou traballar con Curiosaurios (@curiosauriosclub)a creación de personaxes en stop-motion, unha técnica que nos gusta moitísimo: imos creando, facendo fotos, movendo os personaxes, máis fotos e voilà! Maxia! Os personaxes móvense. A sétima arte tamén ten o seu oquiño na nosa programación.
Frida Khalo foi a protagonista do obradoiro creativo impartido por Augusto Metzli. Coñecemos a traxectoria profesional da artista, as súas viaxes, intereses e tamén o seu amor polos animais como o seu mono Fulang Chang. E mentres, con recortables, construímos o seu baúl e deseñamos a roupa que, de seguro, levaba dentro del nas súas travesías.