O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 3 de marzo pola mañá

Hai obxectos que, por pequeniños que sexan, poden sorprendernos (e moito!) coa pegada que deixan.

Esta mañá aprendémolo cos amigos do Salón, Pavís Pavós. Creamos un pequeno museo de pegadas con arxila e outros elementos chulísimos e descubrimos de que maneira algúns obxectos poden deixar pegadas sorprendentes nos materiais e tamén en nós. Mentres secaban as nosas “obras de arte” escoitamos uns contos fantásticos!

Rena Ortega, ilustradora catalá afincada en Vigo, trouxo un obradoiro sobre o libro ‘Dinosaurízate’ de Triqueta Verde , da escritora Paula Merlán e ilustrado por ela mesma. A cativada aprendeu curiosidades sobre os dinosaurios: cando e como viviron, as súas características diferenciadoras, etc. e marchou para casa cunhas máscaras chulísimas e cheas de cor!

Chegada de Barna cunha maleta chea de contos, Sherezade Bardají fixo gozar a bebés e familias. Mesturando galego e catalán coñecemos a historia da nube que non atopaba a o camiño a casa ou da nena que non tiña sorriso ata que lle fixo cóxegas unha coruxa.

Xogamos con la, con marionetas de man e aluncinamos coa caixa de luz e cantamos unha morea de cantigas infantís como a da lúa, que chamaba polo sol: “La lluna, la pruna, Vestida de dol, Sa mare la crida, Son pare no ho vol”. Que visita máis especial!!
A media mañá fomos ao cine, desta vez ao Teatro Prinvipal onde cada domingo de Salón haberá proxeccións. Hoxe vimos os “Mironins”

“Imaxínate voando nunha alfombra, imáxinate cruzando o ancho mar, imaxínate cun can saltando á corda, imaxínate nunha nave espacial…” cantando a pleno pulmón “O libro máxico” rematamos a mañá do primeiro domingo do Salón. Os nosos amigos Carlos e María de Migallas Teatro achegáronnos a historia de Rosiña, o día que atopou un libro vello no baúl da casa. Canda os seus amigos, mergúllase nunha chea de aventuras máxicas, e poden ser piratas, atopar unha lámpada marabillosa, subir nunha nave cara ao espazo exterior… Todo iso e moito máis pode acontecer cando lemos un libro. E no Salón temos máis de 4.000 ao voso dispor.

Compartir esta entrada