O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 30 de abril, pola tarde

No Salón cada día temos un novo manxar!! Esta tarde homenaxeamos a cultura colombiana cun pudin de pan ben saboroso. E no tempo de enfornar… lemos un conto. Porque lendo o tempo pasa máis rápido e mellor.

🎶Que hai nese buratiño?
Un can pereliño.
Que hai nese buratón?
Un can perelón.

Que hai nesa artesa?
Unha ovella tesa!
E nese faiado,
un can esfolado…
ru ru ru rururururuuuuuu🎶

É unha das divertidas cantigas que aprendemos esta tarde con Baobab Teatro. Trouxeron ao Salón o seu espectáculo “Ris, Ras”, co que poidemos coñecer a Nunqui, o fillo de Catarina e Lourenzo e un feixiño de cantigas e xogos de dedos para cantar e xogar sen parar!

Otra das cousas que fixemos foi xogar por equipos “No baúl das palabras”. Fixémolo guiadas polas nosas amigas de Kairós. Trátase dun divertido xogo de mesa que combina a creatividade, a lingua e o inxenio.
Cun dado xigante (chulísimo 🥰) fomos desprazándonos polo taboleiro con espazos de cores. En cada unha das paradas tivemos que sortear unha proba e dándolle aos miolos inventamos unha historia, cantamos unha canción… Divertidísimo!

Houbo tempo tamén para a música co concerto-estrea do novo libro de Magín Blanco, “Caderno de cores e cancións”. Tivemos a sorte de que, ademais de Magín, nos acompañase a ilustradora Sonia García. Puidemos gozar en directo de cancións tan estupendas como “Ponte nas ondas”, “Os meses do ano”, “Cores” e “Corazón”. Tamén puidemos mercar os libros e levalos coa sinatura de Magín e de Sonia. Un fin de domingo fantásticamente musical!

A Rodalibros esta tarde estivo no Miradoiro de Monteporreiro.

Compartir esta entrada