O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Domingo 7, pola tarde

Como remate aos nosos obradoiros de cociña coas amigas de Reviravolta, esta tarde fixemos unhas pizzas ben especiais. Nada máis e nada menos que con caras! Amasamos, puxémoslle unhas olivas negras, tiriñas de “bacon” e un anaco de salchicha a xeito de nariz. Quedaron chulísimas! E mentres agardabamos a que se fixeran no forno, escoitamos uns contos!

Sen a presenza do monitorado o Salón non sería o que é, pero é que ademais de riquiñísimos e riquiñísimas fan uns obradoiros que son pura creatividade! Hoxe, último día do Salón, fixeron un divertidísimo.

Moito nos gusta a maxia no Salón! Se pola mañá tivemos o espectáculo dos amigos de Magia en la Manga, pola tarde ofrecéronnos un obradoiro de maxia chulísimo! Aprendemos algúns trucos e os secretos e artificios que debemos usar para que os nosos trucos sexan os mellores. Cun pouquiño de práctica de seguro que de aquí sairán grandes magos e magas.
Foi xenial!

Con intensidade e moitísima emoción, así foi como vivimos este última xornada do Salón. Espectáculos para bebés, obradoiros, maxia, música, videoxogos e sempre os libros e a lectura como acubillo.

Rematamos así  O Salón 2023 por todo o alto. Fixémolo co espectáculo musical 🎶Contos do grunge🎶, no que participaron 70 rapaces e rapazas de entre 4 e 9 anos do Rock Lab.
O concerto botou a andar cunha breve intervención da concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen despedíu esta edición que pecha logo de 17 días, máis de 300 actividades e miles de nenos, nenas, familias e centros de ensino que gozaron delas. Fouces tivo un agradecemento especial para todas as persoas implicadas activamente no Salón (monitorado e equipa de traballo destes meses).

Cun par de historias fantásticas como fío condutor o numeroso público puido gozar de oito pezas 🎶, na maior parte versións, como “El pescador” (canción colombiana), “Cariñito” de Novedades Carmiña, ou temas de The Offspring, Daft Punk e Pearl Jam, ademais de creacións propias como Chiptune 1 ou Chiptune 2.
Ao remate todos xuntos, con Orbil á cabeza, despedimos o Salón con moita alegría, baile e máis música.
Moitas grazas por acompañarnos estes días e ata o ano que vén!
Mentres, seguirémonos vendo nos libros.

Compartir esta entrada