Esta mañá presentamos o programa desta 25 edición do Salón. O cartaz é, sen dúbida algunha, unha das pezas máis especiais do Salón do Libro.
Andrea Fernández (La Platanera) fixo a súa maxia e coa imaxinación e a arte como talentos e o pincel como variña creou esta marabilla. Un conto onde andan soltas diferentes personaxes, referencias á tradición e mitoloxía galega e tamén á catalá por ser a cultura convidada. Un paxaro-libro, un libro-columpio, unha bruxa boa. Personaxes das lendas como os fillos das xacias, que son metade humano metade peixe. Figuras que lembran ao Tió e o Patufet. Elementos máxicos como a lúa, o lume, o bosque…
A artista arousá, que empregou texturas feitas a man con ceras, tinta china ou lapis, mesturadas con técnicas dixitais, foi seleccionada para realizar esta encarga entre 42 ilustradores/gas galegas que presentaron os seus.
A que é unha chulada? A nós encántanos!!!