Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Inauguración do Salón

E de hoxe ao 22 de marzo… Que a música non pare! A gala de inauguración correu a carlo dos amigos de Píscore teatro e o Coro da Xunqueira cun espectáculo cheo de música, acrobacias, risas e moitísimo talento, incluído o Orbil máis rockeiro.

O alcalde Miguel Anxo fernández Lores e o edil de Cultura Demetrio Gómez, agradeceron nos seus discursos ao numeroso público asistente e a todas as familias que medraron e fixeron medrar o Salón nestes anos. Lembraron o traballo da xente que o fai posible e a figura de Carlos Taboada, amigo e colaborador do Salón.
Falaron da necesidade de libros para crear, imaxinar e coñecer outras culturas e realidades como a palestina. Para facer un mundo mellor e máis libre onde a guerra non teña cabida

En cada Salón hai unha morea de momentos especiais e divertidos pero un dos nosos favoritos é a apertura de portas.
Un intre máxico no que o traballo de moita xente, feito con moitísima ilusión é entregado por Orbil ás crianzas e familias. Como un agasallo por desenvolver que agora xa é voso.

Queda inaugurado o Salón 2026!

Compartir esta entrada