O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

IV Congreso Internacional de Mediación Lectora. 3ª xornada

Con esta terceira xornada pechamos a IV Congreso Internacional de Mediación Lectora. Con moita arte seguimos a traxectoria no eido da ilustración da nosa convidada Concha Pasamar, que compartiu con nós os seus referentes, procesos creativos e formar de ler imaxes dentro dos álbums. Desde Vitoria-Gasteiz nos veu visitar Txabi Arnal, que compartiu a súa forma de ver, crer e crear literatura infantil, así como as súas reflexións sobre a promoción lectora na escola. Pechou o encontro Paola Guimeráns, quen falou das novas tecnoloxías, nomeadamente a robótica como punto de conexión para a mediación lectora.

Tres propostas complementarias sobre a creatividade, a arte e a lectura que puxeron fin a este encontro cheo de achegas inspiradoras e motivadoras para traballar coa rapazada o libros a lectura como punto de encontro. Ata a vindeira edición, vémonos nos libros!

Compartir esta entrada