O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Luns 1 de maio, pola tarde

No Salón coñecemos grazas a @bandulloazul a Fazulas. Que gato tan riquiño!! Seguímolo na súa aventura na procura dunha resposta á seguinte pregunta: de que cor é o vento? Coñecemos ao profesor, o moucho que dixo que era branca como a cara da lúa, a cadela Petra, que dixo que marrón como as follas do outono…. Ninguén estaba no certo! O vento é da cor dos soños que soñan os nenos!

Quedou unha tarde fantástica para merendar cousas ricas. A que si? Con esa idea e aproveitando a visita estes días dos nosos convidados e convidadas de Colombia, anotamos unha deliciosa receita de empanadillas colombianas 🥠 para prepararmos coa cativada no Salón.
Xunto ás amigas de Reviravolta puxémonos mans á obra: 👨🏾‍🍳👩🏼‍🍳
Primeiro botamos un pouco de fariña de trigo, algo de sal, unha pouca auga, unha chisca de pimentón doce e amasamos. Démoslle forma, enchemos de xamón e queixo, 15 minutos ao forno e… listo!. Xa temos o petisco preparado. Bo proveito!

Día de estrea no Salón da man da ópera ‘Brinca’ composta por Brais González e interpretada polo @coroluisgarcialimeses e a @sinfonicadepontevedra con dirección de Sergio Heredia. Grazas ao texto creado por Emilia Alario con narración de Judith Rey coñecemos ao velliño Paco e a través das súas lembranzas, unha morea de xogos e cantigas tradicionais infantís: ‘A ponte de San Xoan’, ‘Don Federico’, ‘Pasa, Perico’, etc. Que tarde máis xeitosa pasamos!

A nosa Rodalibros esta tarde estivo na Canicouva.

Compartir esta entrada