Comezamos esta mañá de martes dunha maneira xenial. Con música!🎶🎶🎶🎶
Os amigos de Atempo, Escola de Estudos Musicais, trouxeron ao Salón un obradoiro con composicións dalgúns dos grandes mestres da música de todos os tempos. Aprendéronos como é o compás, que é a melodía… e disfrutamos moitísimo interactuando ao son da música. Logo acompañamos ás melodías facendo a percusión coas nosas palmas. Foi xenial acompañar ao Danubio Azul de Strauss, por exemplo, coas mans, os pes e voz, acelerando e disminuíndo o tempo sen perder o compás!
A música e a palabra teñen ese gran poder: dan ás a imaxinación, porque cantar e contar (todo é comezar)
Anxo Moure, o Carballo con Botas chegou hoxe ao Salón para contaxiarnos … o amor pola natureza!! Que falta fai nestes tempos, coidar e queres ao noso plantea e sobre todo ás árbores, que nos dan osíxeno e vento verde! Coñecemos ao burro Cara Mulo, unha morea de noves de especies autóctonas . Á tarde, máis contos e historias.
A Orbil ademais dos libros o que máis lle gusta do mundo é xogar. Como este ano o tema central do Salón é precisamente o xogo pois, está encantado!
Esta mañá a Asociación Juan XXIII trouxo ata o recinto feiral unha selección de xogos tradicionais coa que nos entretimos un mundo! Os zancos, os bolos, pescar a botella e outras moitas propostas encheron de diversión o espazo. Ademais, desde Caldas de Reis viñéronnos visitar un grupo de persoas do Centro Ocupacional O Saiar, así que a mañá foi redonda!
Hoxe que moitos coles da cidade non tiveron clase, tivemos a visita do Ceip de Viñagrande-Deiro que fixeron una visita guiada co noso monitorado aprendendo unha morea de cousas sobre Colombia, as baleas, os xogos tradicionais, etc.
Ao remate, puideron gozar do contacontos do noso amigo Anxo Moure, o Carballo con botas.























