O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Martes 2 de maio, pola tarde

Durmir ben é moi importante, que para iso nolo recordan todos os días os nosos pais cando toca ir para a cama🛌🏼. Mais, as veces, non descansamos ben por moito que teimemos: temos pesadelos,🧛🏼‍♂️ soñamos co que temos que facer ao día seguinte ou co que ven de pasar no día anterior. Tamén pode ser que sexamos sonámbulos…

Hoxe soubemos que significa ser sonámbulo grazas ao taller “Soñambulando”, baseado na obra “O oso sonámbulo” de Oqo Editora. Grazas a Raquel e a Carlos, ilustrador do libro, coñecemos por que debemos durmir ben, escoitamos uns contos e creamos coas nosas propias mans e con materiais naturais do bosque, uns atrapasoños chulísimos!

A granxa de Xan é un sitio moi especial. Nela viven moitos animais. Cada un deles coas súas características e personalidade propia. Un deles é o galo, que non sabe voar e ten unha misión importantísima: darlle os bos días ao sol cada mañá co seu canto”. Estas e outras historias da granxa de Xan, misturadas con monicreques, música e moitas cantigas, engalanaron a sesión de contos para bebés que Caxoto tróuxo esta tarde ao Salón. Foi xenial!

Da man da amiga do Salón, Soledad Felloza escoitamos unha morea de contos con aprendizaxe como o de Sam, un neno fedello que descubiu, comendo un sandwich cheg de bechos que preparara para súa irmá, que non debemos facer aos demais o que non queremos para nós. Tamén o do pobre lobo, que so quería ter amigos cos que xogar, pero todos fuxían ao velo.

A cativada é a protagonista do Salón, por iso tentamos que teñan o seu lugar para xogar, ler… e tamén amosar o seu talento. É o caso do Coro Infantil do @cmusmanuelquiroga que esta tarde fixo as delicias de pequenos e maiores. Que voces! Interpretaron divertidas cantigas como El mundo del revés, Los cacharros ou Todos Somos Capitáns de Magín Blanco. Bravo!!!!

Os encontros cos autores sempre son un momento especial, e máis se é o escritor homenaxeado do Salón. Na libraría Paz puidemos, coa colaboración de Susana Trigo, facer un percorrido polo conxunto da súa obra e ata propoñerlle un reto creativo para que escriba o próximo libro.

Ao longo da tarde disfrutamos dos contos de Anxo Moure (O Carballo con botas), ata Orbil se animou a montar na súa bicicleta! E todos estes días o MUVI, Fundación do Museo do Videoxogo imparte talleres sobre videoxogos clásicos en familia. Non os perdas!

A nosa Rodalibros estivo hoxe en Marcón.

Compartir esta entrada