O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Mércores, 3 de maio

Hoxe pola mañá Pavís Pavós, Carballo con botas e Raquel Queizás contaron fermosos contos e historias de tradición oral, amor pola natureza, animaiss, árbores e mulleres pirata a cativada dos coles de Santo André de Xeve, CEIP de Viñas – Poio e A Xunqueira 1. Que ben o pasaron! Achegádevos esta tarde ao Salón gozar en familia con ‘ Unha manchea de contos’ de Bea Campos.

A de cousas bonitas que aprendemos e facemos nos obradoiros para escolares do Salón! Hoxe a rapazada dos CEIPS Santo André de Xeve, Viñas, Marcos da Portela e Vilaverde -Mourente gozou con @vacio_cero@aidalonso.ilustra@ogalponlab e @ceoaberto. A creatividade foi a principal protagonistas pero tamén aprendemos xogando coa ciencia!

Pola tarde

A amiguiña @beacampos.actriz estivo pola tarde no Salón pero non veu soa: trouxo con ela un osiño feito cun calcetín desparellado. E falando de osos, o primeiro conto que lemos foi ‘Imos cazar un oso’. 🎶 Grande e fabauloso. Ai, que fantástico día. Ninguén lle ten medo ao oso🎶 cantabamos mentres atravesamos a herba, un río, unha lameira, un bosque, unha treboada… unha cova… estreita e misteriosa. Aaaaaaaiiiiii atopamos o oso e fuximos desfacendo o camiño ata chegar a casa. Alí, a salvo pensamos: por que quixemos cazar un oso, se o pobre non lle fixera mal a ninguén!! E acordamos non ir cazar nunca máis!

Sabedes que no Salón temos máis de 4.000 libros, verdade? Hoxe, xunto ao monitorado, fixemos un xogo moi divertido para descubrir libros de animais nos que haxa comida, de cores, etc. Que ben! Xa temos unha morea deles anotados na nosa lista para ler os próximos días!

Pola tarde comezou a chover (que ben!) e a auga foi un dos “ingredientes” que empregamos para “Xogar coa ciencia”, o obradoiro co que as amigas de Reviravolta revolucionaron á cativada do Salón. Probamos a poñer un vaso de auga do revés sobre un papel sen que se derramara unha soa pinga polas forzas da física. Empregamos moitos materiais, como globos, pinzas, líquidos e mesmo fixemos un experimento para levarmos para casa.
Unha chulada!

Os encontros cos autores sempre son un momento especial, e máis se é o escritor homenaxeado do Salón. Na libraría Paz puidemos, coa colaboración de Susana Trigo, facer un percorrido polo conxunto da obra de Manuel Lourenzo González e ata propoñerlle un reto creativo para que escriba o próximo libro.

Compartir esta entrada