A gana que tiñamos de ter aos coles de volta! Hai dous anos pechamos aos 6 días e o ano pasado, levamos aos contadores/as ás escolas pero… nada comparable con recibir no Salón aos nenos e nenas que fixeron os seus traballos e encher os nosos espazos cos contos de Migallas Teatro, Pavís Pavós e Beatriz Campos. O alumnado o Ceip Vilaverde-Mourente, CEIP San Martiño, CEIP Marcón e CEIP A Carballeira foron as nosas primeiras visitas deste ano e quedaron encantados coas historias de artistas, animais,… e como non, con poder saudar a Orbil.
A cativada de últimos cursos de primaria aprendeu con El Hematocrítico que escribir pode ser moi divertido (podemos asegurarvos que do seu taller saíron propostas para escachar coa risa). Fixemos un fanzine con O Galpón Lab e co Museo do Videoxogo comprobamos que o fascinante mundo dos videoxogos tamén é unha forma de arte.
Ao remate, todos os grupos de escolares percorreron o Salón da man do monitorado, nunha visita organizada en torno á arte, os diferentes movementos, na que tamén se falou de Marica Campo e Xosé Cobas – homenaxeados nesta edición do Salón – e a cultura convidada Euskal Herria.
Isto acaba de comezar. Agárdannos unha morea de visitas escolares estes días. Órbil xa está impaciente!