O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Luns 14

Comezamos con forza a primeira tarde desta semana escoitando os contos de Charo Pita. Entre as moitas historias que contou esta vella amiga do Salón, descubrimos como entre Lagarta e Lebre escribiron – porque aínda estaba sen escribir – o libro máis marabilloso do mundo e como artistas que son, que diso vai este ano o Salón, tamén lle fixeron os debuxos.

A golpe de luns tamén temos moita arte! E boa mostra diso foi a visita guiada que nos fixo a artista Ana Seoane pola ambientación do Salón. Visitamos Exipto e a pedra Rosetta, o Nilo… pasamos por unha chea de arcos ao longo dos séculos para entrar nos movementos de vangardas: de Maruja Mallo a Duchamp, pasando por Manuel Moldes, o surrealismo, o neoplasticismo, a Arte Pop, ata chegar a unha magnífica escola de Ilustradoras Galegas e unha selección de artistas da nosa cidade. O que ledes, todo isto, sen saírmos do Pazo da Cultura.

E como molan as monis do Salón! Esta tarde tamén fixemos moitas cousas con eles. Por exemplo, un obradoiro co que nos propuxeron escoller varios contos que nos gustaran ou tiveran títulos divertidos. E logo, sabedes que fixemos? Deixamos voar a imaxinación e construímos unha historia nova ordenando as portadas. Maxia!

Luns 14 de marzo no Salón

Compartir esta entrada