O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Martes 15

Quen sabe un conto??!! Eu, eu!! Porque pasamos a mañá escoitando as historias de Migallas Teatro, Pavís Pavós e Beatriz Campos. Como a de Moncho: un rapaz ao que lle encantaba debuxar, pero canto máis debuxaba, máis pequerrechiñas quedaban as súas cores. 

Foi un pracer recibir hoxe ao CEIP Campolongo Ceip Vilaverde-Mourente Colegio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra e Anpa Andaina CEIP Xunqueira 2 Pontevedra.

Cantas saudades tiñamos de escoitar o barullo da rapazada das escolas entrar no Pazo da Cultura para gozar de contos, obradoiros e espectáculos no Salón. A que mola que Orbil xa poida dar apertas? Iso si, con sentidiño. Mañá, máis!

Pola tarde
As tardes pola semana no Salón son ben entretidas e con enredARTE (os xogos que organiza o monitorado), tamén, moi divertidas! Hoxe xogamos cos elementos da nosa ambientación artística, buscamos contos por profesións e fixemos unha sesión de contos mooooi creativa.

A literatura é sempre unha gran fonte de inspiración para o cine, que é a 7ª arte, e para os contos! Hoxe entramos nun cinema moi particular, o Cinema Marabillas. Fixémolo con Raquel Queizás e xuntxs mergullámonos nalgúns dos contos clásicos máis coñecidos, pero en formato das primeiras películas da historia do cine. Foi xenial! 

A nosa biblioteca itinerante, a Rodalibros, foi de visita a Campañó e a verdade é que deu cunha rapazada ben divertida e creativa. O  libro acordeón do Salón ten desde hoxe unha manchea de páxinas cheas de arte!

Temos o Salón cheo de monis riquiños que organizan actividades divertidísimas para a cativada. Hoxe a partir dunha sinxela forma abstracta, fixemos  varios debuxos colaborativos, aportando cada un de nós o que a imaxinación suxería.

Compartir esta entrada