A cativada do CEIP San Martiño e dos Sauces puido gozar da fermosa contada de Bea Campos ‘A nena e os 3 osiños’.
Nesta historia con monicreques e cancións , unha maleta pode ser unha , un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos! Un oso grande, un oso mediano e un oso pequeno, que decidiron ir dar un paseo porque as papas do almorzo estaban demasiado quentes…
E a rapazada dos Sauces asistíu ao espectáculo ‘Hocus Pocus’ de O Mago Paco! É que con estas palabras máxicas fixeron – porque foi unha sesión moi participativa – unha morea de trucaxes que aínda nos teñen coa boca aberta!
E pola tarde…
No Salón encántanos recibir visitas e as desta tarde foron xeniais!
Estivo con nós un grupo de amigas chegadas desde o concello de Cerdedo-Cotobade (Asoc. de veciños Penelas de Augasantas-Cotobade e a Asoc Comisión de Festas de Valongo) que non quixeron perder a oportunidade de saudar a Orbil. Itziar Ezquieta veu esta tarde acompañada dun grupo de alumnos e tamén recibimos a rapazada da visita organizada pola Cruz Vermella de Pontevedra. Ata a próxima e grazas por vir!
No Salón a maxia está en todas partes, en cada recuncho, en cada libro da nosa biblioteca e nos obxectos que adoitamos usar todos os días, algo tan sinxelo como un boli.
Esta tarde, da man no noso fantástico monitorado, fixemos maxia da boa con tintas máxicas moi útiles para agochar mensaxes secretas. Non hai nada máis divertido que buscar mensaxes secretas pola ambientación do Salón e esa foi unha das cousas que fixemos hoxe da man do noso monitorado. Empregamos tintas invisibles e percorremos os espazos buscando as pistas. Foi divertido e moi creativo!
“Hocus pocus, sona os mocus”
Con estas palabras máxicas non hai feitizo que se nos resista!
Aprendéunolas o noso amigo o O Mago Paco na súa divertidísima sesión de maxia “Hocus Pocus”. aue ateigou o salón de actos do Pazo.
O Mago Paco trouxo ao Salón un espectáculo cheo de humor e trucaxes de autentica maxia, que non deixaron a ninguén do público indiferente.
Xogos de cartas, adiviñas, obxectos que desaparecen ou aparecen, variñas máxicas que medran, lazos que se unen maxicamente … Pasámolo xenial!!