O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado 16 pola mañá

Para cociñar calquera cousa saborosa o máis importantes son os ingredientes e o mesmo sucede para elaborar un ‘Menú máxico de contos’ como o que hoxe trouxeron ao Salón Cris De Caldas e Xabi do Camiño. Comezamos con adiviñas e poesía, cantigas, un chisco de tradición oral, un conto de bruxas, un para espantar o medo. E de sobremesa, lingua de gato maragato. Marchamos para casa coa barriguiña chea de contos, como ten Orbil, e un sorriso xigante!

Máxica, así foi a sesión de contos para bebés “Contando animais” que vivimos esta mañá na Cova dos Libros Fantásticos. O noso amigo, Manuel Solla, fixo maxia e sacou da súa maleta un feixe de contos protagonizados por animais, monicreques e burbullas de xabón de cores!

Hoxe tivemos unha misión moi especial con Leucoíña, que foi atopar o alicorno que pertencia á pastequeira Vendoira e que o Mago Gadoupas lle roubou e o agachou no Salón. Tiveron que buscar pistas agochadas en lugares do Salón , ata dar co corno de unicornio. Pasámolo xenial!

Con Itziar Ezquieta falamos sobre os xoguetes ópticos, as ilusións visuais que enganan o ollo e tamén o cerebro. Aprendemos sobre elas e deseñamos un diorama: un escenario máxico para un conto que fixemos entre todas!

Para rematar a mañá recibimos ao noso último convidado de Catalunya, o escritor, tradutor e docente Eduard Velasco. E que fixemos con el? Pois unha creacións poéticas ben xeitosas a partir do seu libro “Animalario de ler a diario” (XERAIS): xogamos aos versos desarrombados, ao cadáver exquisito e ilustramos logo os nosos poemas. Ademais de “Animalario de ler a diario”, do que é autor, tamén temos nas nosas bibliotecas unha obra traducida por el do galego ao català: “Federico”, de Triqueta editora, escrito por Jesús Castro Yáñez e ilustrado por Iván

Compartir esta entrada