O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado 19 – xornada matinal

O segundo sábado do Salón non puído comezar de mellor maneira: arte e cativada creativa por todas partes!

Que sinxelo é debuxar… se sabes como! Con Anxo Fariña aprendemos, no obradoiro BD e grafiti con Keith Haring, algunhas das claves máxicas para crear personaxes coma os Simpson, Angry Birds… e convertelos en extraterrestres.

Da man de Taller Abierto convertémonos en exploradorxs creativos, fomos á Illa do Covo e descubrimos a súa magnífica paleta de cores coa que creamos as nosas propias obras de arte.

Foi avanzando a mañá e chegou a hora das historias. Desta vez nunha sesión de contos da narradora vasca, Ana Apika. Ana tróuxonos o seu fabuloso Circo de papel e nel coñecemos a trapecistas, funambulistas, equilibristas, un pallaso e unha chea de personaxes máis, protagonistas todos elxs, de incribles números neste particular circo de contos.

Os bebés tamén gozaron, e moito! Disfrutando da arte como ten que ser, dun xeito multisensorial: tocándoa, apretándoa, ulindo e xogando nun obradoiro co que Espacio Arkhé achegou varias propostas de xogo e exploración inspiradas na estética da obra do autor catalán Tàpies.

Compartir esta entrada