Xa cheira a fin de semana no Salón. A nosa rodalibros marchou camiño da Casa Verde de Salcedo a levar xogos e contos á cativada mentres nos quedamos no Salón escoitando os contos de ‘Tebellos, perellos e fedellos’ da man dos Monicreques de Kukas por que… ‘se entramos nunha biblioteca, podemos facer unha viaxe sen levar maleta.
Os bebés gozaron dunha experiencia de xogo libre da man de Espazo Arkhé inspirado na obra do artista visual, autor e ilustrador francés, Tullet onde as súas cores características – vermello, azul e amarelo – foron o fío conductor.
Participamos no obradoiro creativo sobre o libro ‘A caca Cuca’ da man da súa autora Irene Gasalla. Tivemos unha actuación estelar dunha caca xigante que tamén era moi elegante. Quedounos moi clara uha coisa: as cacas dos nosos cans hai que gardalas nunha bolsa … e non tiradas no cha, como fan os parcalláns.
E como o Salón enche a cidade, tamén demos un paseo con Leucoíña Pasea para coñecer e afondar na arte urbana da cidade.