O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado 26 – xornada de mañá

Esta maña vivimos con moitísima ilusión o acto central do programa do Salón deste ano: a homenaxe á escritora, Marica Campo e ao ilustrador, Xosé Cobas.

Foi nun fermoso encontro que celebramos nun salón de actos ateigado de amigos, familiares e persoas que admiran a obra e traxectoria dxs homenaxeadxs. Na parte musical acompañounos Su Garrido Pombo, coa súa increíble voz, e tamén a banda do Rock Lab, que interpretou dous temas relacionados con obras de Marica e Xosé.

Tamén tivemos tempo para facer un fanzine con animais fantásticos, medios de transporte, flores, profesións, vida mariña… Deseñámolos xunto ás amigas de Galpon Lab, Iria e Eva. Deixamos voar a nosa imaxinación, debuxamos e decoramos e quedaron ben bonitos.

Houbo espazo tamén para a formación para bibliotecarias. Contamos coa presenza de Cris de Caldas, que compartíu coas compañeiras de profesión distintos recursos para a mediación lectora a través da oralidade e de distintos tipos de libro-obxecto, álbums e outros contos. Canto nos gusta que nos visiten ao Salón as bibliotecarias! 

O MUVI organizou para este último sábado do Salón un obradoiro especial centrado na ilustración en dúas sesións. Os videoxogos e o mundo da ilustración comparten camiños e conviven no universo dixital. Ao longo do día acompañáronnos dous ilustradorxs cxs que aprendemos algúns dos segredos desta fantástica arte. Foi xenial!



Compartir esta entrada