O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Sábado, 29 de abril pola mañá

Comezamos este sábado escoitando contos e facendo un taller do máis divertido coas amigas de Pavís Pavós. Faláronnos do firmamento, das estrelas as constelacións e das historias que agochan. Logo debuxamos e creamos con cartolina a noso propio universo. E levámolo para casa! A Hora do Conto é fantástica para empezar esta longa fin de semana de #OSalón.

O noso amigo Paco Nogueiras volveu hoxe ao Salón coa súa música. Cantamos, bailamos e demos palmas coas cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” Non se nos ocorre mellor maneira para celebrarmos este #DíaDaDanza que mover o corpo cun concertazo coma este, no que gozamos de ritmos que van desde o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, sen esquecer as influencias tradicionais. Yeah!

Partindo da base estética de Chris Haughton coa sua liña característica de cores planos e vibrantes, transportámos aos seu imaxinario. Bebés e acompañantes gozaron descubrindo cores, texturas neste escenario lúdico deseñado por Arkhé Espacio Educativo para crear oportunidades de aprendizaxe para a cativada.

A nosa #Rodalibros, a biblioteca viaxeira, visitou esta mañá Campolongo. Pola tarde estará en Santa María de Xeve, ao lado da igrexa.

Compartir esta entrada